Datos da asociación

Mi foto
Correo-e: pormaisvida2011@gmail.com Telf: 650 812 030

lunes, 15 de junio de 2015

ANDAINA 2015

A celebración da Andaina 7º aniversario do programa de educación física contra a fatiga oncolóxica foi o domingo 14 de xuño.

A actividade desenvolveuse no Concello de Fene  nun horario de 10:30 a 14:30 horas. A praza do Concello foi o lugar central da actividade.

O percorrido soe ser dunha hora máximo, 
A continuación detallamos o desenvolvemento da actividade
e o horario:

10:00 a 10:30> Recollida de dorsais e benvida

10:30 a 11:30> Andaina cun percorrido doado dunha hora, xa calculado o tempo a un ritmo evitando o cansanzo no propio concello. Contouse cos medios de protección para calquera incidencia que puido xurdir. 



















(Protección Civil e Policía Local do Concello de Fene).

11:30 a 12:00> Carreira infantil e entrega de premios

12:00 a 12:30> Exhibición do Club Ximnasia Ferrolterra

12:30 a 12:45> Lectura do manifesto a cargo de José Antonio Barcia Tucelli profesor e monitor de educación física contra a fatiga oncolóxica que se imparte neste concello e noutros da comarca.

 - Entrega simbólica do donativo deste ano, será destinado para HELENA FERNÁNDEZ GRANDAL
SORTEO DE DIFERENTES PREMIOS COAS RIFAS, 
PAPELETAS VENDIDAS DURANTE ESTA XORNADA.

12:45 en diante> Fin de Festa con sesión de zumba